Lexislación educativa actualizada a 31/08/2017

Preme sobre a imaxe do manual para navegar por el (son 1702 páxinas).
Lex_Ed_portada
En formato PDF.
Pode abrirse clicando sobre o logotipo inferior ou premendo no acceso á descarga directa.
Manual operativo para a xestión do centro, con enlace a todo o texto. Dependendo do equipamento pode tardar 30 segundos en cargarse.
Lex_Ed 88 3 v

Actualizouse a normativa modificada, borrouse a derrogada, engadíronse enlaces ás disposicións actualizadas, correxíronse erros, ... e actualizouse o resumo operativo... Tamén se actualizou o histórico en formato PDF.

Engadiuse:
Orde do 14 de xuño de 2017 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2017/18.
Orde do 15 de xuño de 2017 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2017/18.
Orde do 17 xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería (código ED002A). Corrección de erros no DOG do 10 de xullo de 2017.
Resolución do 20 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2017/18, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Resolución do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2017/18.
Circular 5/2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para a organización e posta en funcionamento das ensinanzas de bacharelato para persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia, nos ies e centros epa autorizados para impartilas, no curso 2017/18.
Orde do 3 de agosto de 2017 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes na etapa de educación secundaria obrigatoria, e se regula o seu currículo e a súa oferta.
Circular 4/2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións sobre a organización e o funcionamento dos centros EPA e dos Institutos de Educación Secundaria que impartan ensinanzas básicas de educación para persoas adultas polas modalidades presencial e a distancia no curso 2017/2018.