Lexislación educativa actualizada a 19/06/2017

Preme sobre a imaxe do manual para navegar por el (son 1688 páxinas).
Lex_Ed_portada
En formato PDF.
Pode abrirse clicando sobre o logotipo inferior ou premendo no acceso á descarga directa.
Manual operativo para a xestión do centro, con enlace a todo o texto. Dependendo do equipamento pode tardar 30 segundos en cargarse.
Lex_Ed 88 3 v

Actualizouse a normativa modificada, borrouse a derrogada, engadíronse enlaces ás disposicións actualizadas, correxíronse erros, ... e actualizouse o resumo operativo... Tamén se actualizou o histórico en formato PDF.

Engadiuse:
Resolución do 9 xuño da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para a adopción das medidas necesarias para a aplicación do disposto no Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, polo que se regulan as condicións para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
Orde do 9 de xuño de 2017 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes que imparte docencia en centros dependentes desta consellería, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral.