Lexislación educativa actualizada a 06/10/2016

Preme sobre a imaxe do manual para navegar por el (son 1654 páxinas).
Lex_Ed_portada
En formato PDF.
Pode abrirse clicando sobre o logotipo inferior ou premendo no acceso á descarga directa.
Resumo operativo, con enlace directo a todo o texto, que pode ser copiado. Dependendo do equipamento pode tardar 30 segundos en cargarse.
Lex_ed 88 3 v

Actualizouse a normativa modificada, borrouse a derrogada, engadíronse enlaces ás disposicións actualizadas, correxíronse erros, ... e actualizouse o resumo operativo... Tamén se actualizou o histórico en formato PDF.

Engadiuse:
Aclaracións da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa relativas a diversos aspectos do bacharelato derivados do réxime transitorio da implantación da Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro (LOMCE), realizadas en reposta as consultas formuladas no inicio do curso 2016/2017.
Orientacións complementarias ás circulares 4/2016 e 5/2016, da dirección xeral de educación, formación profesional e innovación educativa, pola que se ditan instrucións para realizar a matrícula no bacharelato e na educación secundaria para persoas adultas para o curso 2016-17.
Actualizouse o resumo operativo no referente aos Órganos colexiados coas referencias da «Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas» e da «Ley 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público», que substitúen á derrogada «Ley 30/1992, de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común» e que entraron en vigor o 3 de outubro.