Lexislación educativa actualizada a 29/07/2016

Preme sobre a imaxe do manual para navegar por el (son 1624 páxinas).
Lex_Ed_portada
En formato PDF.
Pode abrirse clicando sobre o logotipo inferior ou premendo no acceso á descarga directa.
Resumo operativo, con enlace directo a todo o texto, que pode ser copiado. Dependendo do equipamento pode tardar 30 segundos en cargarse.
88 2 a 88 3 v

Actualizouse a normativa modificada, borrouse a derrogada, engadíronse enlaces ás disposicións actualizadas, correxíronse erros, ... e actualizouse o resumo operativo...

Engadiuse:
Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
Circular 5/2016, da dirección xeral de educación, formación profesional e innovación educativa, pola que se ditan instrucións sobre a organización e o funcionamento dos centros EPA e dos Institutos de Educación Secundaria que impartan Ensinanzas Básicas de Educación para Persoas Adultas polas modalidades presencial e a distancia no curso 2016/2017
Circular 4/2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para a organización e posta en funcionamento das ensinanzas de bacharelato para persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia, nos IES e centros EPA autorizados para impartilas, no curso 2016/17