Lexislación educativa actualizada a 27/06/2016

Preme sobre a imaxe do manual para navegar por el (son 1688 páxinas).
Lex_Ed_portada
En formato PDF.
Pode abrirse clicando sobre o logotipo inferior ou premendo no acceso á descarga directa.
Resumo operativo, con enlace directo a todo o texto, que pode ser copiado. Dependendo do equipamento pode tardar 30 segundos en cargarse.
88 2 a 88 3 v

Actualizouse a normativa modificada, borrouse a derrogada, engadíronse enlaces ás disposicións actualizadas, correxíronse erros, ... e actualizouse o resumo operativo...

Engadiuse:
Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2016/17.
Orde do 13 de xuño de 2016 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2016/17.
Orde do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas.